En Ponte Caldelas, despois de 'Dores', unha semana de actividades para a poboación infantil
Por Redacción
Unha vez concluídas as actividades previstas polo Concello de Ponte Caldelas en substitución do habitual programa festivo das Festas das Dores; a poboación de menor idade é a destinataria de toda unha semana de propostas exclusivamente para eles. 'A hora d@s nen@' desenvolverase entre o mércores 2 de setembro e o venres 11, tanto en emprazamentos do centro urbano como as parroquias do municipio.
Para esta iniciativa o Concello dispuxo de fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade e do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.
Así, o programa arrincará o mércores 2 ás 12.00 horas na Carballeira da Chan de Caritel, onde se ofrecerán contos, xogos e música ao aire libre a cargo de Caxoto Contacontos. Pola tarde, a partir das 17.00 horas estes 'Contos a pé de rúa' repetiranse no atrio da igrexa de Silvoso; e a partir das 19.00 horas en Carreira Ancha, A Insua.
Esta mesma proposta repetirase o xoves 3 no campo da festa de Taboadelo ás 10.00 horas; ás 12.00 horas no campo da festa de Xustáns; pola tarde no campo da festa da Reigosa ás 17.00 horas; e ás 19.00 horas no campo da festa de Vilarchán. O venres Caxoto Contacontos estará ás 17.00 horas no campo da festa de Tourón, e ás 19.00 horas na Alameda de Caldelas.
Para comezar a seguinte semana, o luns 7 ás 19.00 na Alameda, Cé Orquestra Pantasma ofrecerá ‘Vos fíos do querer’; o martes 8 á mesma hora e lugar ‘ Cancioneiro de música tradicional’ con Oradaladou; o mércores 9 Bandullo Azul con ‘ Filipa cos contos’; o xoves 10 Xoán Curiel con ‘Canta miña pedra canta’ e pechará o venres 11, Barafunda con ‘ Contacontos: Pepiña Maruxiña quere voar’.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas estrea xardín na Praza Clotilde Fernández
Por Redacción |
-
'Cultura no Camiño' recala en Vilaboa e Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Programa especial en substitución das 'Festas dos Dolores' de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas recupera os 'sábados de música acuática' na fonte da Praza de España
Por Redacción |