Veciños da Hermida, en Marcón, fartos dos xabarís: "entran en las fincas y destrozan todo"
Por Almu Dapena
Ano tras ano, os veciños da Hermida, en Marcón, atópanse cunha situación que non para de repetirse: "los jabalís entran en las fincas y destrozan todo".
Na contorna da zona, son numerosos os residentes os que se atopan con que, cada mañá, os cultivos nos que traballan día tras día, ademais do valado que o protexe, está esnaquizado por culpa dos animais. Aínda que non saben unha contía exacta na que están valorados todos os danos,"es el trabajo de todo el año y no podemos hacer nada porque están protegidos", declara unha veciña, "harta de esta situación".
Trataron de poñerse en contacto coa Xunta ao longo de todos os meses para proceder a denunciar, pero non foi ata o de agora, cos "ánimos ya caldeados" cando "por fin", se presentaron. "Aparecieron y vieron las fincas, pero como no estamos declarados como agricultores, no hacen nada, no podemos reclamar", sostén.
É por iso, que solicitan que a Xunta organice batidas con cazadores profesionais para acabar con esta praga e resolva unha situación que ocorre todos os anos sen que ninguén ofreza solucións e que aos veciños ocasiónalles a perda do traballo de todo un ano.