Ana Cancela recolle o premio Sanxenxo na Historia polo seu traballo ao fronte do Seminario de Estudos Locais
Por Redacción
Ana Cancela recibía durante a tarde deste venres o premio Sanxenxo na Historia despois do seu traballo durante unha década á fronte do Seminario de Estudos Locais, paso previo á creación de Aelos, a Asociación Cultural de Estudos Locais.
Coa entrega deste premio clausurábanse as Xornadas Sanxenxo na Historia que se desenvolveron ao longo da semana no Pazo Emilia Pardo Bazán. Ana Cancela recibía o premiio de mans do vicepresidente da Xunta de Galicia en funcións Alfonso Rueda e manifestaba o seu agradecemento ao apoio que sempre tivo no seu labor afirmando que o traballo das asociacións é invisible en moitas ocasións.
O alcalde Telmo Martín destacou que estas xornadas convertéronse nun evento imprescindible no verán do municipio e lembrou que o municipio conta cun importante patrimonio arquitectónico composto por 172 elementos protexidos entre igrexas, pazos, casas solariegas, hórreos, cruceiros e outras construcións.
Pola súa banda, Alfonso Rueda Valenzuela pechaba as intervencións desta undécima edición apuntando á importancia de promover o patrimonio cultural local e os valores históricos e artísticos para manter a identidade de cada lugar.
Relacionadas:
-
As xornadas 'Sanxenxo na Historia' distinguirán ao secretario xeral de Política Lingüística
Por Redacción |
-
Sanxenxo converte o Pazo de Quintáns no primeiro museo da cultura gastronómica das Rías Baixas
Por Redacción |
-
As Xornadas de "Sanxenxo na Historia" premiarán a traxectoria de Ana Cancela
Por Redacción |