Vaipolorío conclúe a súa campaña de limpeza no Gafos coa recollida de 80 quilos de residuos
Por Redacción
A asociación pontevedresa Vaipolorío dá por finalizada a súa actividade de retirada de lixo do leito do río Gafos durante este verán coa última xornada que se desenvolvía durante a mañá deste último domingo de agosto de 2020 polo sendeiro rural.
Máis de vinte persoas voluntarias participaron nesta última sesión na que se retiraban ao redor de 80 quilos de residuos depositados no río e nas ribeiras. Nesta ocasión contaron coa colaboración de integrantes da Fundación Juan XXIII.
Unha vez máis se notaba a ausencia dun maior número de xente nova que asuma as rendas desta actividade ecoloxista e de coidado medio ambiental. A campaña iniciárase o 2 de agosto na que participaron 17 voluntarios que lograron sacar do río ao redor de 240 quilos de lixo. A actividade mantívose durante os catro domingos seguintes.
Vaipolorío tamén celebraba durante a noite deste 29 de agosto a noite europea dos morcegos cunha charla na contorna do río e a observación das especies que habitan neste espazo natural de Pontevedra. A sesión estivo dirixida pola asociación luguesa Drosera, que desenvolve proxectos de conservación e valorización de hábitats e especies que se atopan ameazadas en Galicia.
Relacionadas:
-
Os cadetes do Cisne súmanse a Vaipolorío para combater á 'herba da Pampa'
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Recuperan un muro degradado coa realización dun graffiti colaborativo
Por Redacción |
-
Nova convocatoria de paseo polo tramo soterrado do río dos Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío denuncia a aparición dunha trampa ilegal para troitas no río Gafos
Por Redacción |
-
Centos de peixes morren no río Gafos debido á vertedura causada pola obstrución dun sumidoiro
Por Anxo Lourido |
-
Desfanse dun colchón lanzándoo ao río dos Gafos
Por Redacción |
-
A Covid non frea a campaña anual de Vaipolorío para limpar a contorna do Gafos
Por Redacción |