Do 5 de xullo ao 31 de agosto, a área sanitaria de Pontevedra pasou de 2 a 226 casos positivos
Por Redacción
A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa aumentando o número de casos activos ao rexistrar 226, trece positivos máis que durante a xornada do domingo.
Mantéñense catro pacientes Covid ingresados en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) e dous pacientes con coronavirus atópanse na unidade de Coidados Críticos nas dependencias do Hospital Montecelo.
220 pacientes enfermos atópanse evolucionando nos seus domicilios. Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 988 enfermos na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés, cinco máis que hai 24 horas. Mantense a cifra de 17 falecementos polo virus nesta zona.
A evolución durante o verán da enfermidade demostra, segundo os datos emitidos polo SERGAS, que se pasou dun mínimo con dous casos o 5 de xullo a 226 este 31 de agosto.
En canto a PCR's, nas últimas 24 horas, realizáronse 221 probas, que se suman ás 27.698 realizadas, segundo a xerencia do CHUP, desde o inicio da pandemia.
TRES FALECIDOS EN GALICIA
Dous usuarios da residencia do Incio, en Lugo, e unha persoa máis, no Hospital de Cee, faleceron durante as últimas 24 horas con motivo dos contagios da Covid-19. En total, Galicia segue aumentando o número de casos que xa ascenden a 3.640 activos, con 156 casos novos. O SERGAS indica que 141 positivos atópanse con tratamento en hospitais da comunidade.
As áreas sanitarias de Lugo e Santiago son as que ofrecen unhas cifras máis elevadas de contaxios durante as últimas horas con 55 e 42 casos novos, respectivamente
Relacionadas:
-
Sanidade notifica 8 casos máis de Covid-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Acusan o SERGAS de ocultar datos e piden información precisa sobre o sistema de rastrexo nos hospitais públicos
Por Redacción |
-
Un positivo por Covid no Ademar de León a un día de que comece a Liga Asobal e a cinco de visitar Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Reclaman a presenza de persoal de enfermería nos centros educativos de Galicia
Por Redacción |
-
Os positivos continúan en aumento: 13 casos máis na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |