O PP quere que o pleno da Deputación reprobe a Abel Caballero
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Dentro da campaña que o Partido Popular está a levar a cabo en todos os concellos de España para denunciar a "incautación" do Goberno aos aforros municipais, o grupo popular levará unha moción ao pleno da Deputación de Pontevedra na que se insta ao Executivo central a "que non se apropie dos recursos das Entidades Locais".
Así o anunciou este luns o portavoz do grupo provincial do PP, Jorge Cubela que compareceu en rolda de prensa xunto ás deputadas Pepa Pardo e Elena Estévez.
Con esta medida, explicou Elena Estévez, no PP pretenden "chamar á reflexión" aos deputados socialistas para que rexeiten esta medida do Goberno de Pedro Sánchez para "que reconsidere" e dea "un paso atrás".
Ademais solicitarán a reprobación do presidente da Federación Española de Municipios (FEMP), o alcalde de Vigo, Abel Caballero, por "traizoar ao municipalismo" ao non defender os "intereses das entidades locais" e permitir que rompa un "consenso histórico" na institución.
Estévez lembrou que o Partido Popular tamén ten previsto presentar un recurso diante do Tribunal Constitucional por "invasión da autonomía local" tras ese acordo impulsado polo Goberno para a liberación dos remanentes e o uso do superávit dos concellos, que só contou co voto a favor do PSOE.
"El remanente que obtendría de los ayuntamientos de la comarca de Pontevedra sería aproximadamente de 24 millones de euros" segundo os datos achegados por Pepa Pardo, quen resaltou que 19 millóns de euros corresponderían só ao concello de Pontevedra. "Con estas cifras nos podemos hacer una idea de la grave situación en la que se quedarían los ayuntamientos", destacou.
"Es imprescindible unir fuerzas de cualquier color político frente a esta auténtica barbaridad", engadiu Pardo.
MENSAXE A CARMELA SILVA
Pola súa banda Jorge Cubela dirixiu unha mensaxe á presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente de alcalde no concello de Vigo, Carmela Silva, solicitándolle publicamente que no Pleno "defenda os intereses dos municipios da provincia de Pontevedra diante deste atraco a man armada que pretende incautar os aforros municipais".
Cubela espera que no próximo pleno Carmela Silva antepoña a defensa dos veciños "por encima dos intereses políticos e partidistas" xa que, segundo dixo, "Abel Caballero xa é refén e preso do Partido Socialista e do Goberno Central" polo que se pregunta "o será Carmela Silva? Ese día verémolo ".
"DISPOSTO A CONSENSUAR"
O portavoz popular ha lembrado que "non temos maioría" para que esta moción sexa aprobada no Pleno provincial polo que "estariamos dispostos a acordala coas emendas que presenten os restantes grupos políticos da corporación" pero sempre "respectando o espírito que conleva" que se resume en que os concellos poidan dispoñer do 100% dos seus remanentes e "tombar leste decreto lei".
Ademais, o PP quere que o Pleno da Deputación de Pontevedra exprese o seu "profundo rexeitamento" a calquera medida do Goberno de España tendente a "apropiarse" dos "aforros acumulados polos veciños", tanto de forma directa como vía subscrición de préstamos das entidades locais ao Estado para devolver a longo prazo.
Relacionadas:
-
O PP pontevedrés insta a Pedro Sánchez a dar "marcha atrás" ao decreto sobre remanentes municipais
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP levará aos plenos unha moción para que os concellos poidan dispoñer dos remanentes de tesourería
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez: "Los socialistas de nuestra ciudad deben elegir: o Pontevedra o su partido"
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta pide cambiar a Lei Montoro para que os concellos poidan gastar os seus remanentes
Por Oskar Viéitez |
-
Lores fai fronte común con Almeida, "Kichi" e outros sete alcaldes contra a "incautación" de remanentes prevista por Facenda
Por Oskar Viéitez |