Nova convocatoria de paseo polo tramo soterrado do río dos Gafos
Por Redacción
O colectivo ecoloxista Vaipolorío e a asociación de Veciños de Campolongo convocan para o vindeiro domingo 6 de setembro un novo paseo polo tramo soterrado do río de Os Gafos ao seu paso pola cidade.
A cita será ás 11.00 horas no Ponte da Taboada. Desde Vaipolorío lembran que para participar é necesario inscribirse a través dos teléfonos 676.842.942 e 659.685.729. Nestes mesmos números de teléfono ofrécese tamén información ás persoas que estean interesadas en participar.
O paseo está previsto para persoas adultas e menores cunha idade mínima de oito anos, que deberán acudir acompañados por unha persoa adulta. Todos os participantes deberán levar botas de auga e lanternas.