Moldes destaca a "política de proximidade" do PP de Poio
Por Oskar Viéitez
O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, definiu este martes as liñas xerais da súa formación no novo curso político nunha rolda de prensa na que asegurou que, para os populares, "o prioritario serán as persoas".
Ángel Moldes avanzou que o PP "seguirá levando a cabo unha política de proximidade" consistente en "visitar todos os lugares do concello, dar voz ás demandas dos nosos veciños e veciñas e traballar para resolver os seus problemas".
Por outra banda, o voceiro popular lamentou que o Concello venda como un logro o feito de que "de 12 millóns de euros de presuposto só 35.000 van a emerxencia social" e pide que a axuda chegue "a todas as familias que o necesitan".
Ademáis, asegurou que os populares "somos os que máis medidas e iniciativas aportamos", e comprometeuse a seguir "loitando" para que Poio teña "uns servizos dignos, uns impostos xustos e a máxima transparencia e participación de veciños e colectivos" e para paliar o impacto da crise xerada pola covid sobre os fogares e os negocios de Poio.
Relacionadas:
-
O PP de Poio acusa ao Concello de "espolio fiscal" aos veciños
Por Redacción |
-
O PP de Poio insta o Concello a que a cobertura da internet chegue coa máxima calidade a todo o municipio
Por Redacción |
-
O PP sinalizará as zonas de Poio con demandas que non foron atendidas polo Concello
Por Oskar Viéitez |