Técnicos da Xunta controlarán a vendima de Rías Baixas
Por Oskar Viéitez
O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado polo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araújo, presentou este xoves en Pontevedra o Plan de control da vendima 2020 nas cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia.
Por segundo ano consecutivo 15 técnicos da Xunta supervisarán a uva que entra nas adegas e a que leira pertence, un labor que "non suple senón que complementa e apoia os plans de control que teñen todas as Denominacións de Orixe", precisou José González.
Así, os veedores de cada D.O. exercen un labor de auditoría rutineira mentres que os técnicos da Xunta ocúpanse dunha inspección para vixiar o cumprimento estrito da normativa con capacidade de sanción ou penalización.
O conselleiro de Medio Rural anunciou un investimento de 180.000 euros para verificar a entrada de uvas nas instalacións, e comprobar se corresponden aos titulares e ás leiras, ademais de ver as limitacións de rendemento correspondentes e así "garantir a calidade extraordinaria que teñen os nosos viños", sinalou o conselleiro.
José González destacou as "moitas alegrías" que lle dá este sector que en Galicia ten unha facturación anual de máis de 200 millóns de euros, que agrupa a máis de 13.000 viticultores, a 480 adegas e ademais "fai territorio nas comarcas nas que se sitúa", indicou.
O plan de control vai en paralelo á estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas que a Xunta no que participan tres consellerías: Medio Rural, Economía e Turismo xunto coas Denominacións de Orixe.
AS PREVISIÓNS DA VENDIMA
O presidente do Consello Regulador de Rías Baixas comentou que nesta Denominación de Orixe xa se está vendimiando nunhas 20 adegas aínda que a maioría empezarán este luns e que se espera unha "buena cosecha en cantidad y calidad". Idéntica previsión, segundo engadiu o conselleiro, para o resto de Denominacións.
Debido á situación sanitaria derivada da pandemia da Covid-19 a vendima está a desenvolverse mediante uns estritos protocolos de seguridade. O conselleiro informou que xa se realizaron 1.504 probas PCR cun saldo de 7 positivos entre os preto de 2.400 temporeros rexistrados.
Juan Gil de Araújo comentou que o efecto no mercado da crise da Covid non afectou en vendas aos viños de Rías Baixas, segundo os datos que manexa este Consello Regulador, terminamos la campaña con una reducción del 12,5 %" tendo en conta que en 2019-2020 a cantidade cultivada foi menor. "El daño realmente desde el punto de vista de la calificación no es muy importante", valorou.
"En general los temores iniciales que teníamos de que esto pudiese ser una debacle completa pues afortunadamente no se han visto confirmados y esperemos que sigamos así", dixo o presidente do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas.
Relacionadas:
-
Rías Baixas aspira a ser a rexión vitivinícola do ano
Por Redacción |
-
Os viticultores reclaman que non se fixen prezos da uva por baixo dos custos de produción
Por Oskar Viéitez |
-
Tímido inicio da vendima con máis de 1,34 millóns de quilos de uva recollidos
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- "Este era un ano que prometía moitísimo, sobre todo na internacionalización de Rías Baixas"
Por Marisa Ciordia |
-
A D.O. Rías Baixas fará test serolóxicos a todos os seus auditores durante a vendima
Por Redacción |
-
Boa resposta de profesores e temporeiros ao inicio dos test rápidos de cribado para saber se teñen ou tiveron Covid-19
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Comezan os cribados preventivos de Covid-19 a profesorado e temporeiros da vendima
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |