O PSOE pide responsabilidades en Sanxenxo pola "mala xestión" da contratación de persoal
Por Oskar Viéitez
As recentes manifestacións levadas a cabo polo colectivo de socorristas de Sanxenxo para a reivindicación dos seus dereitos laborais, xunto ás mobilizacións dos axentes da Policía Local e do persoal do Servizo de Axuda no Fogar levan ao grupo municipal do Partido Socialista a pedir responsabilidades políticas ao Concello de Sanxenxo pola "mala xestión da contratación de persoal".
A voceira socialista, Ainhoa Fervenza quere que o concelleiro de Economía e Persoal, Marcos Guisasola dea explicacións xa que entende que "estes conflitos non son froito de erros puntuais e illados senón que deixan ver un patrón de conduta habitual".
Para Ainhoa Fervenza este é o "modus operandi" do alcalde Telmo Martín e o seu equipo de goberno.
"Ante a situación de inestabilidade e malestar que está xerando a errática xestión do persoal do concello", o PSOE de Sanxenxo convocará nas vindeiras semanas unha reunión cos colectivos máis afectados para escoitar as súas demandas e reivindicacións.
Relacionadas:
-
Sae a licitación a xestión do servizo de Axuda no Fogar por 4,5 millóns de euros
Por Redacción |
-
O PSOE de Sanxenxo esixe ao Concello que asuma a xestión dos comedores escolares e o Plan Madruga
Por Redacción |
-
Os socorristas de Sanxenxo suspenden as mobilizacións tras veren cumpridas a maioría das súas esixencias
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Tensión no Pleno de Sanxenxo pola privatización do Servizo de Axuda no Fogar
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Sanxenxo tacha de "falsidades" as acusacións de traballar menos horas das establecidas por lei
Por Redacción |