Tímido inicio da vendima con máis de 1,34 millóns de quilos de uva recollidos
Por Oskar Viéitez
A vendima deu xa os seus primeiros pasos na Denominación de Orixe Rías Baixas. A boa meteoroloxía reinante propiciou o comezo da presente campaña dun modo ordenado. O director técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, concreta que "nestes primeiros días de campaña, de acordo cos datos declarados ata o momento polas adegas, recolléronse máis de 1,34 millóns de quilos de uva".
Un total de 30 adegas participaron neste tímido inicio da campaña. "Á vista do óptimo estado de maduración da uva e a estabilidade atmosférica existente, a previsión é que a próxima semana se xeneralice a vendima en todas as subzonas", indica Agustín Lago.
Precisamente o bo tempo favorece que "os traballos de recollida se vaian graduando, de modo que as adegas, tras minuciosas mostraxes en campo para verificar o estado óptimo de maduración da uva, determinen o momento preciso para a súa recolección.
Eses controis e ese rigor son fundamentais para elaborar viños da máxima calidade", explica o director técnico do Consello Regulador.
Na presente campaña de vendima participan 176 adegas elaboradoras. Un total de 5.178 viticultores recollerán a uva nas 4.090 hectáreas de superficie produtiva da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Relacionadas:
-
A vendima de Rías Baixas recolleu 34 millóns de quilos de uva
Por Oskar Viéitez |
-
Rías Baixas aspira a ser a rexión vitivinícola do ano
Por Redacción |
-
Os viticultores reclaman que non se fixen prezos da uva por baixo dos custos de produción
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- "Este era un ano que prometía moitísimo, sobre todo na internacionalización de Rías Baixas"
Por Marisa Ciordia |
-
Técnicos da Xunta controlarán a vendima de Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
A D.O. Rías Baixas fará test serolóxicos a todos os seus auditores durante a vendima
Por Redacción |