Uns 1.000 domicilios e establecementos de Pontevedra participan xa no programa Composta
Por Redacción
Trescentos domicilios máis sumáronse ao programa Composta nas últimas dúas semanas. Despois do parón estival, reactivouse con exito a campaña de sensibilización e información que está a realizar a empresa concesionaria, Ferrovial Servicios, porta a portae que está tendo unha ampla aceptación por parte dos residentes.
Xunto aos establecementos comerciais adheridos ao programa, neste momento xa son case 1.000 os participantes no programa que se puxo en marcha hai escasos dous meses.
Segundo a última actualización de datos do programa, neste momento están inscritos 206 grandes e mediados produtores (restaurantes, tendas de alimentación, froiterías, floristarías, o Mercado de Abastos, hoteis, pensións ou bares de tapas e 786 particulares, que se corresponden a unha poboación aproximada de 2.300 persoas, segundo as estimacións de Composta.
A Concellaría de Xestión dos residuos, que dirixe Raimundo González, destaca o impulso que tivo o programa nestas dúas últimas semanas, unha vez que boa parte dos veciños e veciñas se foron incorporando á vida diaria logo do parón vacacional.
Tamén o elevado grao de aceptación e interese que esperta o programa nos pontevedreses, xa que ademais da campaña de sensibilización porta a porta, son moitas as peticións que se reciben, por distintas vías, demandando información do proxecto e solicitando a súa participación.
A recollida pasou dos 400 quilos aos 1.500 en poucas semanas e ofrece un compost de gran calidade con moi poucos impropios, destaca o Concello.
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN
A campaña de visitas ás vivendas inclúe a entrega dun folleto informativo que explica en que consiste este novo sistema de recollida de biorresiduos, onde hai que anotarse e que tipo de residuos se poden compostar e cales non, tamén se lle entregan de balde aos usuarios bolsas biodegradables, un cubo de 7 litros e a chave electrónica para abrir o colector.
O plan Composta é un sistema experimental de recollida de residuos orgánicos en vivendas e produtores singulares da cidade a través de colectores marróns instalados na rúa, que deben adherirse previamente para dispoñer da chave electrónica que lles permite facer uso do colector.
É a terceira vía do programa de compostaxe voluntario e de balde, que recolle biorresiduos por unha parte da cidade na que non existe opción de tratamento individual nin compostaxe colectiva, seguindo a ruta de recollida establecida e na que se colocaron un total de 65 colectores marróns.
Relacionadas:
-
Pontevedra xa ten operativos 20 novos colectores de compostaxe
Por Redacción |
-
Os contedores marróns recolleron máis de 275 toneladas de residuos orgánicos
Por Alejandro Espiño |
-
12.500 pontevedreses participan nos programas municipais de compostaxe
Por Manu Otero |
-
A compostaxe a domicilio xera xa 1,3 toneladas diarias de residuos orgánicos
Por Alejandro Espiño |
-
Os contedores marróns do centro histórico só se colocarán de noite
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra desprega os contedores marróns para a compostaxe domiciliaria
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |