O PP pontevedrés insta a Pedro Sánchez a dar "marcha atrás" ao decreto sobre remanentes municipais
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A deputada nacional e alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a senadora Elena Muñoz, ofreceron este luns unha rolda de prensa na sede do PP de Pontevedra, na que instaron ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez a dar "marcha atrás" ao decreto que permitirá beneficiarse con 5.000 millóns ás entidades locais que cedan os seus remanentes.
Nesta comparecencia diante dos medios de comunicación tamén participaron os deputados Diego Gago e Javier Bas, o senador Javier Guerra, e o deputado provincial e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, en representación dos alcaldes da provincia.
Os populares pediron ao Goberno central "que se tome en serio las necesidades de los vecinos", e posicionáronse en contra do decreto lei que se debate este xoves no Congreso e que, ao seu xuízo, supón unha "chantaje" para que os concellos cedan os seus remanentes, "una medida injusta y discriminatoria, y que va contra la autonomía local".
Tamén no Senado, apuntaron, o mércores o PP defenderá unha moción para que se retire o real decreto, "que rectifiquen, devuelvan el consenso al municipalismo y dialoguen con las entidades locales".
Segundo explicou a senadora Elena Muñoz a moción será votada antes que o pleno do Congreso acometa a convalidación que deste decreto "discriminatorio" porque só poderán acceder ao fondo as entidades locais con remanentes en positivo, o cal deixa fóra a máis de 3.000 municipios.
Relacionadas:
-
O PP de Pontevedra abre curso político demandando unha solución para os remanentes dos concellos
Por Redacción |
-
O Pleno da Deputación debate sobre inicio do curso escolar e o decreto das remanentes
Por Oskar Viéitez |
-
A 'liga de alcaldes' contra a "incautación" de Facenda esixe ao Goberno liquidez sen condicións
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP quere que o pleno da Deputación reprobe a Abel Caballero
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP levará aos plenos unha moción para que os concellos poidan dispoñer dos remanentes de tesourería
Por Redacción |