Preocupación por un incendio forestal en Cuntis próximo a un núcleo habitado
Por Oskar Viéitez
Na tarde deste luns produciuse un incendio forestal en Cuntis. Concretamente a orixe do lume localizouse na parroquia de Cequeril, nunha zona forestal moi próxima a unhas vivendas.
Precisamente a proximidade das lapas levou aos membros de Protección Civil da localidade para desaloxar unha casa por precaución no lugar da Cruz.
A agrupación local viuse reforzada por voluntarios de Protección Civil de Caldas de Reis e de Vilagarcía. O Concello de Cuntis tamén solicitou ao 112 a axuda do GES da Estrada ainda que esta petición non foi atendida causando o enfado do Goberno local.
Os labores de extinción, nas que traballan numerosos efectivos da Xunta, están a verse dificultadas polas elevadas temperaturas e o vento racheado. Utilizáronse mesmo escavadoras para crear camiños que faciliten o acceso dos vehículos ata as chamas.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, está a seguir con preocupación a evolución do incendio desde o lugar dos feitos.
Relacionadas:
-
A pandemia chegou para revolucionar e acaparar a actividade de Protección Civil de Cuntis
Por Natalia Puga |
-
Volven arder os montes da parroquia cuntiense de Cequeril
Por Oskar Viéitez |
-
Controlado en pouco máis dunha hora o incendio entre Anceu e Barbudo
Por Redacción |
-
Os incendiarios atacan Cuntis por segunda vez en menos de 24 horas
Por Redacción |
-
Un incendio forestal en Aguasantas arrasa 65 hectáreas de monte
Por Redacción & Oskar Viéitez |
-
A UME, día a día "intenso" desde Figueirido para unha reacción rápida en caso de incendios forestais en toda Galicia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Amplían ata outubro o operativo de extinción de incendios de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |