O PP e a directiva local da ONCE afirman que a ordenanza de mobilidade esquece as persoas con deficiencias visuais
Por Redacción
Rafa Domínguez e Pablo Fernández, presidente local e concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, mantiveron un encontro con representantes da directiva da ONCE na cidade. O motivo do encontro era analizar a Ordenanza de Mobilidade que o goberno local ten previsto aprobar en breve.
Os populares constataron que é necesario corrixir este texto para evitar situacións de exclusión, neste caso en relación a persoas que presentan dificultades na visión. "Necesitamos asegurar os seus desprazamentos habituais pola cidade de maneira independente e coas suficientes garantías", sinalaba Pablo Fernández.
Entenden desde as filas do PP que non se pode discriminar a parte da poboación e afirman que no documento existe unha ausencia de referencias para manter a orientación, localizar puntos de cruzamento seguros e aliñarse correctamente. Neste sentido, o PP indica que a reforma da Ponte do Burgo carece dun pavimento homologado tanto no ámbito nacional como autonómico, de maneira que as persoas con visibilidade reducida teñen dificultades para saber cando finaliza a ponte e comeza a estrada.
Estas situacións de risco mantéñense no documento da nova ordenanza, segundo indican, ao presentarse un pavimento sen o relevo suficiente para que poida detectarse tactilmente a través dun bastón de mobilidade. Tamén indican que Pontevedra continúa sen ter semáforos adaptados a problemas con problemas visuais.
Pablo Fernández indicaba que o goberno local está a actuar de maneira "pouco dialogante" e reclama que desde o Concello atendan ás alegacións presentadas pola ONCE. Desde o PP lamentan que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores non tivese a sensibilidade de sentar cos colectivos afectados para escoitar as súas propostas.
Relacionadas:
-
O PP 'convida' o Concello a reformular a ordenanza de mobilidade, que cualifica de "extemporánea e insuficiente"
Por Redacción |
-
O PP aborda con Pedaladas a nova ordenanza de mobilidade que consideran "inmovilista e insuficiente"
Por Redacción |
-
Unha ducia de entidades secundan a postura crítica coa ordenanza de mobilidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
En outubro entrará en vigor a nova ordenanza de mobilidade, que inclúe os patinetes eléctricos
Por Oskar Viéitez |