As dúas desinfeccións diarias dos colexios de Vilagarcía suporán un desembolso de 108.000 euros ás arcas municipais
Por Redacción
O Concello de Vilagarcía terá que realizar un gasto adicional que ascende a 108.000 euros para desinfectar e limpar todas as escolas infantís, unitarias e de educación especial do municipio, ademais doutros centros como institutos, colexios, a escola de música e o conservatorio.
O goberno local afirma que negociou coa empresa adxudicataria do servizo, Clece, e lograba rebaixar a 9.012 euros ao mes o gasto previsto polos protocolos de seguridade que establece a Xunta de Galicia ante a pandemia.
A empresa encargarase de limpar e desinfectar dúas veces ao día os centros escolares coa utilización das mesmas brigadas para evitar contaxios ou que, no suposto dalgún positivo, sexa fácil seguir os casos.
Tamén desde o goberno que lidera o alcalde Alberto Varela realizáronse test serolóxicos ao persoal de conserxería dos centros educativos. Segundo denuncian desde o Concello, a Xunta de Galicia deixou a estes profesionais fose das medidas de prevención establecidas.