Pais de alumnos do CEIP Praza de Barcelos mobilízanse contra a supresión dun grupo de Educación Infantil
Por Redacción
O colectivo de pais de alumnos do último ciclo de educación infantil CEIP Praza de Barcelos ten previsto presentar este xoves, coincidindo coa concentración de toda a comunidade educativa esixindo unha volta ao cole segura, un escrito dirixido á inspección educativa a través do que solicitan a reapertura dunha das dúas aulas de cuarto de infantil deste centro educativo pontevedrés.
Despois de ser informados da suspensión dunha destas aulas destinadas a nenos de tres anos para o curso 2020/2021, os pais e nais mobilízanse porque desde hai anos o ensino neste colexio viña organizando en dous grupos, cada un coa súa propia profesora.
A redución do número de matrículas foi o motivo que levou a Educación a eliminar un grupo neste centro, que salvo matriculacións fóra de prazo, comezará con 23 alumnos nunha aula cun só educador.
Amparándose nas recomendacións das autoridades sanitarias e académicas de establecer grupos o máis reducido posibles para a educación infantil e primaria e dadas as actuais circunstancias sanitarias e dispoñendo dos medios e instalacións necesarias; o colectivo de proxenitores considera que se fai "máis necesario que nunca manter a planificación de grupos do curso anterior".
Por iso solicitan "que se manteña en 4º curso de Educación Infantil a organización xa implantada nos últimos anos e que no curso 2020/21 desenvólvanse en dous grupos diferentes todas as actividades educativas correspondentes a 4º curso de Educación Infantil".
Relacionadas:
-
A demanda de recuperar a aula de 4º curso no CEIP Barcelos chega ao Parlamento galego
Por Redacción |
-
Familias do CEIP Praza de Barcelos: "Nos suprimen unha aula cando máis falta fai. É incomprensible"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Máis prazas nos comedores escolares para o próximo curso
Por Redacción |