Cerdedo-Cotobade reforza a limpeza nos seus centros educativos de Educación Infantil e Primaria
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, fixo público durante a xornada de inicio do curso escolar que o Concello acaba de reforzar os servizos de limpeza dos tres colexios do municipio e das dúas escolas de infantil co aumento de catro horas diarias para incrementar a seguridade sanitaria fronte á pandemia.
O rexedor, que para respectar os protocolos de seguridade non estivo presente na volta ao cole, explicou que estes traballos servirán para complementar os de desinfección co obxectivo de que os centros estean nas mellores condicións. “Cremos que é unha medida imprescindible para protexer e coidar da saúde dos 313 nenos matriculados nos colexios e as garderías e tamén a das súas familias para tentar evitar os contaxios cando regresen aos seus fogares ao final do día”, comentou o mandatario popular.
Lembrou Cubela que o Concello xa repartiu un milleiro de máscaras entre o alumnado e engadiu que "vai manter unha estreita colaboración cos cinco centros e vai atender todas as súas necesidades en materia de seguridade sanitaria para preservar a saúde de alumnos, profesores e outro persoal e reducir os riscos de contaxio”.
Tamén se referiu o popular á recente polémica sobre quen debe asumir os gastos da desinfección dos colexios."Hai concellos e administracións que están a poñer excusas ou a escorrer o vulto non sei se por irresponsabilidade ou por tentar atacar á Xunta, pero coa súa postura o único que atacan é á saúde dos nenos. En Cerdedo-Cotobade asumimos a competencia que temos en materia de limpeza, da que queda fóra o IES, e o facemos con total seriedade e incrementando o gasto con máis horas de limpeza para acadar a máxima seguridade”, rematou.
Doutra banda, detallou que a mellora do acceso ao colexio San Juan Bautista de Cerdedo xa é unha realidade
Relacionadas:
-
Desinfección periódica das paradas de autobús de Cerdedo-Cotobade para aumentar a seguridade sanitaria no transporte escolar
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade convoca un programa de fomento da lectura destinado ao público infantil
Por Redacción |
-
Demandan á Xunta a creación dunha sala de espera no Centro de Saúde de Carballedo
Por Redacción |
-
Cubela, molesto co Goberno central, pide un pacto entre municipios para reclamar melloras de seguridade viaria na N-541
Por Redacción |
-
A construción do centro sociocultural de Tenorio entra na súa recta final
Por Redacción |