Seis meses máis tarde de declararse a pandemia, o municipio de Pontevedra sitúase en 200 positivos
Por Redacción
O municipio de Pontevedra suma xa 200 positivos por coronavirus, 12 casos máis que na xornada deste xoves, segundo a información facilitada polo Concello de Pontevedra, despois de que a área sanitaria lle trasladara os datos.
Segundo as estimación do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a porcentaxe de infección é de 1/3 da poboación aproximadamente, ao entender que a cidade é un polo de atracción para outros municipios e iso provoca que haxa unha poboación flotante que supera diariamente os 100.000 habitantes.
Desde o Concello faise un chamamento á responsabilidade e sensatez veciñal para que acaten as novas restricións adoptadas pola Xunta de Galicia e, deste xeito, evitar que se continúe expandindo a enfermidade.
O SERGAS indica que todas aquelas persoas sen médico de cabeceira asignado en Galicia, como é o caso de turistas ou de visitantes ocasionais, que presenten síntomas poden contactar cos servizos sanitarios a través do teléfono 881.002.021
Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés continúan oito pacientes Covid ingresados en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e dous pacientes Covid na Unidade de Coidados Críticos de Montecelo. Hai 413 casos activos, 11 máis que na xornada do xoves e 403 destes positivos atópanse evolucionando nos seus domicilios. Nas últimas 24 horas realizáronse 440 PCR' s nesta área sanitaria.
En Galicia, os datos reflicten que hai 4.361 activos, con 243 novos positivos. Dúas persoas falecían nas últimas horas por culpa desta enfermidade, unha muller en Ourense e un home na Coruña. Este venres fai seis meses que se decretaba a pandemia mundial pola Organización Mundial da Saúde.
Relacionadas:
-
Ascenden a 54 os brotes activos de COVID na área sanitaria
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Sanidade establece tamén medidas restritivas en Poio e Vilaboa
Por Redacción |
-
Un positivo por Covid no Colexio Calasancio pon en corentena ao equipo directivo do centro
Por Redacción |
-
Adíase o comezo do curso en Secundaria, Bacharelato, FP e Réxime Especial ao 23 de setembro
Por Redacción |