Ascenden a 54 os brotes activos de COVID na área sanitaria
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistra, a venres 11 de setembro, 54 brotes activos de COVID-19.
Así o confirmou a directora asistencial da área pontevedresa, Sonia Fernández-Arruti, analizando o balance diario que situou en 413 os casos activos, 11 máis que o xoves.
No que respecta a estes brotes, a eles están asociados 355 dos positivos de coronavirus que están nestes momentos activos.
"Se trata de brotes que muy mayoritariamente afectan al ámbito familiar, y hay algún brote, menos, que afecta al ocio o al terreno laboral", sinala Fernández-Arruti, e o "perfil de estos pacientes postivos es de edades jóvenes, comprenden entre los 20 y los 40 años".
A directora asistencial quixo destacar que a pesar destas cifras "unicamente tenemos 10 pacientes ingresados", con dous casos que evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos.
O maior dos brotes contabilizados ata o momento na área afectou en agosto os municipios de Catoira e Vilagarcía, con 18 casos positivos "que ya se han negativizado".
Na súa explicación Sonia Fernández-Arruti referiuse tamén aos test realizados a profesores e persoal non docente, máis de 4.000 probas na área sanitaria nas que "se han detectado dos posibles casos positivos para anticuerpos. Después se les realizó una PCR a estas dos personas resultando negativas", sinalou.
Relacionadas:
-
Seis meses máis tarde de declararse a pandemia, o municipio de Pontevedra sitúase en 200 positivos
Por Redacción |
-
Na cidade de Pontevedra hai 188 positivos por coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra supera os 400 casos activos por COVID-19 tras detectar 28 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade aprecia unha transmisión "importante" da COVID-19 por reunións entre amigos e familiares
Por Alejandro Espiño |