A Unidade Móbil de Inspección de Vehículos Agrícolas estará en Campo Lameiro o 2 e 5 de outubro
Por Redacción
O Concello de Campo Lameiro ten programada unha visita da Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas para os días 2 e 5 de outubro na Rúa Nova.
Os interesados en acudir ao momento cos seus tractores deben solicitar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou da páxina web www.sycitv.com.
Estes procesos de inspección céntranse principalmente en comprobar o estado dos e da dirección, así como outros puntos vitais na seguridade destas máquinas.
A revisión realizada nestes puntos móbiles ten a mesma validez que as fixas e ofrece unha maior comodidade aos condutores ao evitar desprazamentos máis longos ás estacións de Bora ou Curro.