Campaña especial de vixilancia de Tráfico a partir deste luns 14 para controlar distraccións ao volante
Por Redacción
Este luns 14 comeza unha campaña especial de vixilancia contra as distraccións ao volante en Galicia. Durante toda a semana, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis para regular este tipo de incidencias nas estradas da comunidade.
A Dirección Xeral de Tráfico indica que prestarán especial atención ás vías convencionais. As xefaturas provinciais de tráfico destinarán o máximo de efectivos humanos e materiais nesta campaña para evitar que calquera actividade, obxecto ou persoa desvíe a acción de conducir.
Advertirase, sempre que sexa posible, da existencia próxima de controis, tanto con paneis de sinalización variable como con pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil.
Con esta iniciativa búscase que a persoa condutora do vehículo centre a súa atención na condución. Segundo os datos, as distraccións ao volante coincidiron no 25,19% dos accidentes que se rexistraron nas estradas de Galicia durante o ano 2019. A maioría destes casos debíanse ao uso indebido de teléfonos móbiles, navegadores GPS ou outros dispositivos similares.
Segundo a DXT, o uso do teléfono móbil multiplica por catro o risco de accidente e equipárase así aos riscos que provoca a condución baixo os efectos do alcohol.
Durante a campaña realizada en setembro de 2019 foron controlados 35.326 vehículos nas estradas galegas. Impuxéronse 417 sancións, das que 101 producíronse por uso indebido do móbil. As sancións alcanzan multas económicas de 200 euros e a perda de tres puntos no carné.