O conselleiro de Educación agarda que non haxa máis atrasos no inicio do curso en Secundaria
Por Oskar Viéitez
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez agarda que non haberá máis atrasos na apertura dos centros de Secundaria, porque "os equipos directivos xa levan días trabando" na adaptación dos centros ao novo protocolo de sanidade. "Ese escenario dun novo retraso sería moi difícil", dixo.
Román Rodríguez visitou este sábado o CIFP A Xunqueira de Pontevedra e xustificou que a decisión do aprazamento dunha semana no inicio do curso en Secundaria "tomouse en base a criterios técnicos, toda vez que a planificación inicial para estes centros mudou tras a reunión que o Goberno Central convocou para o pasado 27 de agosto".
Nesa reunión co Ministerio de Educación e o de Sanidade, decidiuse un protocolo común con novas normas para o curso nestes centros, así "o incremento da distancia de seguridade nas aulas a 1,5 metros obrigou aos centros de Secundaria a comezar de novo toda a súa reorganización".
"Pareceunos lóxico, racional e prudente", engadiu. Por iso "imos trasladar novo profesorado e todo o que sexa necesario para cumplir os requerimentos sanitarios", para que os centros " sexan espazos seguros".
COMEDORES
O conselleiro de Educación e Universidade, Román Rodríguez, tamén anunciou que o vindeiro mércores presentará ao Comité Clínico de expertos sanitarios o protocolo co que garantir a seguridade nos comedores.
Con todo non será ata o ano 2021 cando se produza ese "incremento substancial" da achega económica da Xunta a este servizo, dixo Román Rodríguez.
Relacionadas:
-
Raíña Vitoria cortarase ao tráfico con "carácter permanente" para favorecer a entrada, saída e recreos do Sánchez Cantón
Por Diego Espiño |
-
Educación contratará preto de 2.000 docentes para atender as demandas expresadas desde os centros de ensino
Por Redacción |
-
A folga de educación aprázase unha semana
Por Redacción |
-
Adíase o comezo do curso en Secundaria, Bacharelato, FP e Réxime Especial ao 23 de setembro
Por Redacción |