Xa son 219 positivos de Covid na Boa Vila
Por Redacción
O Complexo Hospitalario de Pontevedra comunicou este mediodía ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que no concello de Pontevedra están activos 219 positivos por coronavirus.
Unha vez máis, ante os datos deste sábado o alcalde volve a facer un chamamento á responsabilidade e sensatez dos veciños da Boa Vila para que acaten as novas restriccións adoptadas pola Xunta e evitar que se continúe a estender o coronavirus.
Pola súa banda o alcalde de Poio, Luciano Sobral tamén foi informaado polo Sergas que lle comunicou, vía telefónica, que o pasado venres eran 29 as persoas infectadas, 15 máis co día anterior.
Precisamente, neste incremento en 24 horas radica a razón pola cal a Xunta decidiu incluír a Poio entre os concellos con restricións a maiores. Sobral puntualizou que "todas estas persoas recupéranse nos seus domicilios" e adiantou que o Sergas non ofrecerá máis datos oficiais ata o luns.