Morre un home ao envorcar o seu curta céspede en Punta Montalvo
Por Oskar Viéitez
Un home de 77 anos morreu este sábado ao envorcar a máquina curta céspede sobre a que ía montado.
O 112 informou que o accidente tivo lugar nunha vivenda de Punta de Montalvo, en Sanxenxo. Dende o Concello de Sanxenxo precisaron que a caída con envorco produciuse desde unha altura de sete ou oito metros. Os terreos nesa zona teñen moita pendente.
Segundo a Garda Civil o home estaba só na vivenda e foi o fillo quen o atopou, polo que non se sabe o momento no que tivo lugar o accidente. O fillo levaba tempo chamándolle ao teléfono e o seu pai non respondía polo que optou por desprazarse ata a vivenda.
Os servizos sanitarios soamente puideron confirmar o seu falecemento.
Ao lugar do suceso acudiron efectivos de Emerxencias Sanxenxo, Policía Local e Garda Civil.