Rumbo a Ons desde As Corvaceiras
Por Oskar Viéitez
A Navieira Mar de Ons estreou esta fin de semana un novo servizo: Pontevedra-Ons.
Con saída desde o porto de As Corvaceiras ás 10:45 horas e a hora de regreso desde a Illa de Ons ás 18:30 horas.
Silvia Torres, responsable comercial da navieira, comentou que "este porto de saída convértese no broche final da tempada alta" que finaliza o 15 de setembro.
Durante esta tempada "achegamos distancias entre o Parque Nacional das Illas Atlánticas e diferentes puntos da costa galega coa finalidade de que os visitantes puidesen gozar deste paradisíaco destino", apunta Silvia.
En concreto, os interesados en pasar un día no Parque Nacional da Illa de Ons puideron elixir entre os portos de Sanxenxo, Portonovo, Bueu, Vigo, Combarro e esta fin de semana sumouse o de Pontevedra aínda que xa organizaban viaxes para grupos.