O fiscal pide 7 anos de prisión para o administrador dun cámping por apropiación, estafa e deslealdade
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta da Audiencia de Ponteveda sinalou para o vindeiro martes, 15 de setembro, un xuízo por apropiación indebida, estafa e administración desleal.
A Fiscalía solicita sete anos de prisión para un acusado, de iniciais O.L.S., de apropiarse de máis de 50.000 euros dunha sociedade cuxa xestión lle foi concedida pola súa irmá e o seu cuñado, pois fora constituída por eles en novembro de 1995.
A empresa dedicábase á explotación dun cámping situado no Terrón, en Vilanova de Arousa.
Ademais da pena de prisión a Fiscalía reclama que sexa condenado a 9 meses de multa polos tres delitos que lle imputa, ademais do pago das custas procesuais.
O caso procede do Xulgado de Instrución nº3 de Vilagarcía.