O lecer nocturno da Hostalería de Pontevedra pide á Xunta un plan de rescate
Por Redacción
José Luis Asenjo, vicepresidente de Lecer Nocturno de Hostalería de Pontevedra mantivo un encontro con portavoces de asociacións de establecementos de lecer nocturno para analizar a problemática que supón o peche na comunidade dos seus locais. A este encontro tamén asistía Afonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia, ademais do conselleiro de Sanidade Julio Comesaña e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, ademais de representantes do IGAPE e do SERGAS.
Os representantes do sector hostaleiro reclama ao goberno galego a posta en marcha dun plan de rescate que recolla diversas actuacións para rebaixar o impacto que a crise provocada pola Covid-19.
Reclaman medidas de apoio á estrutura empresarial deste sector achegando recursos a fondo perdido, a cargo dos orzamentos das Consellerías de Cultura e Turismo e da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Con esta acción buscan financiar os gastos fixos de arrendamentos e gastos da Seguridade Social que afrontan as empresas.
Tamén piden medidas de financiamento e liquidez para afrontar os vencementos a curto prazo; unha ampliación de tres anos nos períodos de carencia do financiamento recibido pola Covid-19 e ata oito anos para a amortización do principal. Para isto reclaman que a Xunta avale o 80% das operacións.
Engaden a estas peticións a adopción de bonificacións fiscais en impostos municipais, reclamando a mediación da FEGAMP, coa condonación do Imposto de Actividades Económicas e o imposto do IBI. Os dous están a gravar actividades, sinalan, que non se poden realizar.
Por último solicitan a eliminación do pago do termo de potencia fixa contratada no recibo do consumo eléctrico, a través da modificación da normativa da tarificación eléctrica.
Estableceuse un calendiario de reunións semanais entre o sector e a Consellería de Sanidade para estudar as condicións de reapertura das actividades segundo a evolución da pandemia. Desde a colectivo Hostalería de Pontevedra consideran positiva a actitude dialogante por parte dos representantes da Xunta e esperan que se poidan atender as súas demandas.
Relacionadas:
-
Un ano sen lecer nocturno en Pontevedra: os primeiros en pechar, os últimos en abrir
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A peregrinación dos hostaleiros ao Congreso conclúe cunha marcha pola capital
Por Manu Otero |
-
Pecha o maior parque de bólas de Pontevedra: "Chegou a situación de dicir: non podo seguir con isto porque me estou afundindo"
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
O pontevedrés que cambiou a cámara polos fogóns e burlou a crise e a pandemia desde Holanda
Por Manu Otero |
-
O lecer nocturno, remiso a converterse en cafeterías, esixe a reapertura ou un rescate
Por Manu Otero |
-
Maica Larriba agradece o esforzo da hostalería de Pontevedra na aplicación das normas anticovid
Por Redacción |
-
Pechan un local de Ponte Sampaio onde se celebraba unha festa con 200 persoas
Por Alejandro Espiño |
-
O TSXG dá a razón á Xunta fronte aos hostaleiros e ratifica as limitacións ao lecer impostas pola Covid-19
Por Natalia Puga |