Un descoido cun ferro provoca un pequeno incendio en García Camba
Por Redacción
Un descoido ao esquecerse un ferro aceso provocou este martes un pequeno incendio nun segundo piso no edifico número 2 da rúa García Camba.
Os bombeiros de Pontevedra sufocaron o lume cun extintor deixando nun susto este descoido caseiro.
O suceso tivo lugar á unha e media da tarde. Tan só resultou queimada a táboa de pasar o ferro aínda que as chamas xeraron bastante fume e foi necesario ventilar o inmoble pola acumulación de gases.
Os bombeiros desprazaron ao lugar un vehículo de intervención e o camión escaleira, o que xerou gran expectación na zona.