Cuntis recibe 250.000 euros para realizar unha cuarta edición do seu programa de emprego
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a resolución da Consellería de Emprego e Industria pola que se aproba a concesión de 250.000 euros ao Concello de Cuntis para o financiamento do programa de emprego no que participan os concellos de Cuntis, Caldas, Moraña, Barro e Portas.
O programa Máis Emprego IV ten como obxectivo mellorar a inserción laboral das cen persoas en situación de desemprego que participan neste plan. Os datos das edicións anteriores reflicten que a empregabilidade dos participantes sitúase no 36 % ata a data.
O programa contou con diferentes accións formativas transversais e específicas que foron impartidas en localidades destes concellos. Entre os cursos impartidos figura o de manipulador de alimentos, operador de carretilla elevadora, prevención de riscos laborais, introdución a Internet, ofimática, limpeza de superficies e mobiliario, soldadura e prevención de riscos laborais no sector do metal, atención ao cliente, inglés, xestións laborais básicas e técnicas de venda e control de calidade, entre outras. Así mesmo, tamén se realizaron prácticas non laborais en empresas.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, agradece o apoio de Emprego a este programa integrado. "O balance é moi positivo a pesar das circunstancias tan difíciles ás que nos enfrontamos por mor da Covid-19. En tempos de tanta dificultade é obriga de todas as administracións reforzar o seu compromiso co emprego", declarou.
Relacionadas:
-
Cuntis, cada vez máis conectado: expande Internet de alta velocidade cunha rede neutra
Por Redacción |
-
Satisfactorio balance de resultados en catro anos do Programa Integrado de Emprego
Por Redacción |
-
O programa de emprego para os municipios da comarca do Umia logra unha inserción laboral do 36% dos participantes
Por Redacción |
-
Balance positivo do primeiro mes de funcionamento do Programa Integrado de Emprego
Por Redacción |