Poio informa os veciños de San Xoán da obrigación de manter limpas as súas leiras para previr incendios
Por Redacción
O Concello de Poio inicia unha rolda de contactos cos propietarios de parcelas afectadas polas franxas secundarias na parroquia de San Xoán, definidas como prioritarias pola comisión do seguimento do convenio subscrito entre Xunta, Fegamp e Sega para a prevención de incendios forestais, para lembrarlles as súas obrigacións de manter limpas as súas leiras.
A través de cartas enviadas aos titulares destes terreos, o Concello lémbralles as súas obrigacións na xestión de biomasa. Informan desde o Concello que os donos poden executar esta obrigación de forma voluntaria antes do 31 de maio de cada ano, aínda que este ano o prazo prolongouse ata o 16 de xullo. Outra opción é adherirse ao convenio a través de que a administración asume o mantemento a cambio dunha taxa calculada en función dos metros cadrados de cada leiras.
As persoas interesadas en obter máis información acerca desta posibilidade poden acudir ao Concello ou ás reunións informativas que terán lugar o 29 de setembro na chaira da Seca ou ao día seguinte na Praza da Granxa. Ambas as ás 19.30 horas.