O Grove recibe unha doazón de 1.000 máscaras que repartirá nos colexios
Por Redacción
O Concello do Grove repartirá un milleiro de máscaras nos centros educativos do municipio despois de recibir unha doazón por parte da empresa Myagal, asentada no porto deportivo do municipio.
A repartición de material realizarase a través das Anpas dos colexios públicos da localidade para que sexan distribuídas entre os escolares.
Desde o Concello agradecen a iniciativa da empresa, que axudará a paliar o desembolso que as familias están a facer na adquisición destes elementos de protección.
A poboación escolar do municipio rolda os 800 alumnos e alumnas, polo que a repartición servirá para entregar unha por cabeza e aumentar as reservas dos centros educativos.
Doutra banda, o goberno local segue traballando en medidas de protección fronte á Covid-19 tanto na vía pública como nos colexios coa adquisición dun nebulizador de peróxido de hidróxeno co obxectivo de que os servizos de emerxencias do municipio ocúpense de realizar unha desinfección diaria en horario de tarde. O produto, moi eficaz na desinfección e non tóxico, será distribuído en pequenas pingas en todas as aulas dos catro colexios do Grove.
Relacionadas:
-
O Grove xa ten o seu propio protocolo para facer uso das instalacións deportivas
Por Redacción |
-
O lixo derivado da Covid-19: recollen 200 máscaras á semana das rúas do Grove
Por Redacción |
-
O goberno meco aplicará "man dura" para vixiar o uso de máscaras e a celebración de 'botellóns'
Por Redacción |