Educación contratará preto de 2.000 docentes para atender as demandas expresadas desde os centros de ensino
Por Redacción
A Xunta de Galicia vai contratar 2.000 novos docentes para ampliar o cadro de persoal do sistema público de Educación para este curso 2020-21, así o comunicaba Román Rodríguez, conselleiro de Educación, despois de que o presidente autonómico Alberto Núñez Feijóo presidise a reunión do comité clínico de expertos sanitarios.
Esta incorporación supoñerá un incremento do 6,2% sobre o persoal total previsto inicialmente para este curso. Desde a Xunta indican que con este reforzo se atende á principal demanda realizada nas últimas datas pola comunidade educativa e cúmprese co compromiso de ofrecer solucións ás necesidades manifestadas polo profesorado dos diferentes centros de Galicia ante o inicio da actividade escolar.
1.107 docentes destinaranse a ESO, Bacharelato e Formación profesional, dos que 847 reforzarán as medidas de seguridade contra a Covid e 260 incorpóranse para atender o incremento de oferta; 240 serán para Infantil e Primaria, que nestes casos xa se atopan contratadas e realizando o traballo nos centros. Por último, 540 serán novos docentes de apoio a través do programa ARCO de reforzo educativo, que se repartirán 221 en Primaria e 322 en Secundaria.
A incorporación dos 847 profesores en Secundaria será de maneira inmediata, segundo indicaba Rodríguez. Sinalou que os centros xa coñecen o número de docentes que incorporan. Esta medida permitirá que se poidan completar os horarios, o deseño dos grupos e cuestións organizativas que estaban pendentes de concretarse fronte ao comezo da actividade lectiva dos institutos o vindeiro mércores 23 de setembro.
Está previsto que este venres 18 se adxudiquen os destinos finais do profesorado unha vez completadas as tramitacións administrativas. Con esta perspectiva, desde a Consellería de Educación agárdase que a próxima semana xa todo o profesorado se incorpore ao seu posto de traballo en cada centro.
COMEDORES ESCOLARES
O comité clínico aprobaba tamén esta mañá o Protocolo de prevención da Covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios. Este documento contempla as propostas das asociacións de nais e pais coa intención de reforzar a seguridade sanitaria e, ademais, ofrecer seguridade xurídica a estas entidades que xestionan este servizo.
Limítase a capacidade dos comedores para garantir a separación de metro e medio de distancia sentado en diagonal. Establécese que o alumnado que conforma grupos estables de convivencia poderá comer agrupado e sen gardar distancia de seguridade. Ademais existe a posibilidade de incrementar o número de quendas de comedor, de empregar outros espazos ou de instalar biombos cando sexa imposible garantir as distancias.
En todo caso, o alumnado terá a obrigación de usar a máscara salvo no momento da inxesta, e ocupar un sitio fixo no comedor, ademais de rexistrar o lugar que ocupa cada menor. Con estas medidas quérese localizar a cada contacto directo no caso de que se produza algún gromo. O equipo Covid do centro contará cun plano de situación do comedor con postos fixos asignados a cada escolar e realizará un control diario de asistencia.
O persoal tamén deberá utilizar máscara en todo momento. Tamén se validaron as medidas voluntarias para dotalas de cobertura xurídica con aval sanitario aos casos de uso de biombos protectores ou situacións de semipresencialidad. Por último, tamén se aprobaba o Protocolo para o Alumnado con Necesidades Educativas Especiais.
Relacionadas:
-
O novo plan de ensino virtual traza unha "folla de ruta" ante posibles confinamentos
Por Alejandro Espiño |
-
Os institutos volven á vida por quendas e moi ordeados para tentar evitar aglomeracións
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Formación en COVID-19 para os coordinadores dos colexios de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
RADIO.- "O que se ofrece como protección ante a COVID19 é diametralmente oposto ao necesario para ensinar"
Por Marisa Ciordia |
-
Raíña Vitoria cortarase ao tráfico con "carácter permanente" para favorecer a entrada, saída e recreos do Sánchez Cantón
Por Diego Espiño |
-
Indignación e malestar polas medidas organizativas propostas para os cursos de Bacharelato no IES Sánchez Cantón
Por Redacción |
-
Queixas á Inspección Educativa polos horarios vespertinos establecidos no IES Frei Martín Sarmiento
Por Redacción |
-
Marín reduce a participación de vendedores no mercado ambulante e Poio atrasa as sesións dun circo ante as medidas restritivas
Por Anxo Lourido |
-
Sindicatos do Ensino advirten que cinco institutos de Pontevedra recorrerán á semipresencialidade durante o curso
Por Redacción |
-
Farán test PCR aos alumnos de 3 anos das Calasancias
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Familias do CEIP Praza de Barcelos: "Nos suprimen unha aula cando máis falta fai. É incomprensible"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O conselleiro de Educación agarda que non haxa máis atrasos no inicio do curso en Secundaria
Por Oskar Viéitez |
-
Quendas, colas, hixiene, nervios e alegría na volta ao cole da Educación Primaria
Por Manu Otero & Mónica Patxot |