O PP de Pontevedra abre curso político demandando unha solución para os remanentes dos concellos
Por Redacción
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, coordinaba este xoves o primeiro comité de dirección provincial do seu partido neste novo curso político.
Nesta reunión acordouse reclamar ao Goberno central que busque solucións para que os concellos poidan gastar os seus aforros.
Alfonso Rueda manifestaba a urxencia de que se aporte unha saída axeitada ás demandas das entidades locais, xa que estes recursos son fundamentais para dar resposta ás necesidades dos seus veciños.
Neste sentido, Rueda lembraba que para moitos concellos utilizar os aforros que conseguiron grazas á súa boa xestión nos últimos anos é unha solución moi importante para dar resposta a todos os gastos extraordinarios aos que teñen que facer fronte pola COVID. Por iso, insistiu, é fundamental que a decisión de que poidan dispoñer dos seus remanentes ten que ser tomada de xeito inmediato.
Así mesmo, engadiu que Abel Caballero, como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) deberá explicar por que non defendeu os intereses dos concellos fronte ás esixencias do seu partido, o PSOE, e por que mentiu ao afirmar que non había máis alternativa para usar os remanentes que a súa incorporación ao Goberno central.
Relacionadas:
-
O PP pontevedrés insta a Pedro Sánchez a dar "marcha atrás" ao decreto sobre remanentes municipais
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A 'liga de alcaldes' contra a "incautación" de Facenda esixe ao Goberno liquidez sen condicións
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP levará aos plenos unha moción para que os concellos poidan dispoñer dos remanentes de tesourería
Por Redacción |