Zona Monumental dá a coñecer os dez gañadores do sorteo da campaña da volta ao cole
Por Redacción
A sede do Centro Comercial Urbano Zona Monumental foi o escenario no que se celebrou esta mañá de xoves o sorteo da campaña da volta ao cole realizada no comercio local. O nome dos dez agraciados, aos que lles será entregado un iPad, foron seleccionados ao azar dunha urna con centos de papeletas que se concedían ao realizar unha compra nos establecementos da zona vella de Pontevedra.
Tres dos gañadores obtiveron o seu premio por realizar polo menos unha compra en Froitas Rosales, dúas, en Almacéns Clarita e os demais por facelo en Lago, Mercaplaza, Xoiería Pilar Álvarez, Cincelaser ou Curtidos Queiro.
Desde Zona Monumental poñeranse agora en contacto cos gañadores e, en caso de non poder dar con algún deles, entregarán o premio ao seguinte da lista de suplentes que tamén foi elaborada ao azar.
Esta campaña comercial estivo vixente entre o 1 e o 15 de setembro.