O PP 'convida' o Concello a reformular a ordenanza de mobilidade, que cualifica de "extemporánea e insuficiente"
Por Redacción
Pablo Fernández, concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, avanzou este venres o voto en contra da súa formación cara á nova ordenanza de mobilidade que ten previsto aprobar o goberno local no pleno da corporación.
O edil do PP considera que se trata dunha normativa "extemporánea e insuficiente" e que "nace morta porque o alcalde xa dixo que se modificaría".
"31 anos para unha ordenanza estamos de acordo que é demasiado tempo, pero iso mesmo podemos dicir do Plan Xeral, que é do mesmo ano", sinalou Fernández en rolda de prensa.
"Non podemos apoiar un texto que de base discrimina ás persoas con diferentes discapacidades. Non podemos defender a limitación a 24 horas das prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, e propoñemos as tarxetas temporais para persoas con enfermidades raras, como o Crohn", declarou o edil.
A ausencia na nova ordenanza de regulación sobre o transporte colectivo, os vehículos eléctricos ou o uso da bicicleta" fai ademais que o concelleiro do PP cataloque o texto de "contaminante".
Por todo iso a formación popular solicitou a retirada da ordenanza da orde do día plenario solicitando ao Concello que se reformule tendo en conta a opinión dos colectivos sociais da cidade.
Relacionadas:
-
Meses agardando por unha tarxeta de aparcamento para o seu fillo Martín, con 87% de discapacidade: "Só pido un mínimo de empatía"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Activan a campaña "Pontevedra Suma" para divulgar a nova ordenanza de mobilidade
Por Alejandro Espiño |
-
O pleno aproba a nova ordenanza de mobilidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP e a directiva local da ONCE afirman que a ordenanza de mobilidade esquece as persoas con deficiencias visuais
Por Redacción |
-
O PP aborda con Pedaladas a nova ordenanza de mobilidade que consideran "inmovilista e insuficiente"
Por Redacción |
-
Unha ducia de entidades secundan a postura crítica coa ordenanza de mobilidade de Pontevedra
Por Redacción |