Unha avaría na rede deixa sen luz a Ponte Sampaio
Por Redacción
Os veciños de Ponte Sampaio tiveron que soportar este domingo cortes na subministración eléctrica.
Unha avaría na rede deixou sen luz a boa parte da parroquia pontevedresa ao redor das 15.00 horas da tarde.
A incidencia chego a afectar a 903 clientes, segundo información de Gas Natural Fenosa, aínda que pouco despois rebaixaba a cifra ata os 355 afectados.
O servizo técnico da compañía conseguiu recuperar a normalidade sobre as 17.30 horas.