A semana comeza con 28 novos positivos por COVID e 667 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño
A cifra de afectados por coronavirus redúcese por segunda xornada consecutiva no conxunto de Galicia, pero a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés rompe esa tendencia e segue reportando un aumento de novo casos.
Segundo o balance feito público este luns 21 de setembro pola Consellería de Sanidade, a área pontevedresa reportou 28 novos contagios de COVID, cifra que se extrae do aumento en 9 dos 'casos activos' dos que informa a Xunta e as 19 altas epidemiolóxicas que se produciron.
En total en Pontevedra e O Salnés contabilízanse actualmente 667 casos activos.
A cifra positiva do último balance atópase na cifra de hospitalizacións, que se reduce en tres persoas deixando o total de ingresados en 21. Deles 14 atópanse en planta do Hospital de Montecelo, 2 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 5 seguen evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).
Desde o inicio da pandemia na comarca superou o COVID 1.179 pacientes, e producíronse 19 falecementos asociados ao virus. Ademais nas últimas 24 horas realizáronse 413 probas PCR que se unen ás 36.178 efectuadas ata a data.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.304, o que supón 46 menos que o domingo. Deles 1.148 son da área da Coruña, 689 da de Lugo, 541 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 457 da área de Vigo, 625 da de Santiago, e 177 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.061 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 16.995 persoas curadas, rexistrándose 718 falecementos. A última persoa falecida en centros hospitalarios foi unha muller de 87 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense e presentaba patoloxías previas.
Relacionadas:
-
A cifra de casos activos de coronavirus chega a 760 na área sanitaria tras unha xornada con 39 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
Unha escalada que non cesa: medio centenar de novos positivos de COVID na área sanitaria e 737 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra rexistra 39 novos contaxios de COVID e sitúase como segunda área sanitaria galega con peores datos, con 702 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos de COVID soben a 658 tras rexistrarse 26 novos positivos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Ata 16 centros educativos na área sanitaria rexistraron polo momento algún caso de COVID
Por Diego Espiño |
-
Sanidade inicia en Pontevedra o cribado preventivo con PCR a profesionais de restauración e hostalería
Por Redacción |
-
Outra xornada preocupante na área sanitaria, con 51 novos positivos de COVID e 651 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Os hospitalizados por COVID-19 na área sanitaria ascenden a 22, cinco deles na UCI
Por Alejandro Espiño |