Ponte Caldelas lanza 'Capacitadas', un programa para a activación do emprego feminino
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas presentou unha nova actividade formativa co obxectivo de fomentar o emprego entre as mulleres do municipio.
'Capacitadas', tal e como foi bautizado o programa, é unha acción formativa gratuíta que ofrecerá formación para traballar como operarias de produción e loxística.
Consta de 170 horas de formación que se iniciará o 5 de outubro de 2020. Conta cunha parte teórico-práctica, un curso de manexo de carretas elevadoras, sesións de asesoramento e prácticas en empresas. A parte teórica pola súa banda consta de 48 horas (12 sesións de 4 horas entre o 5 e o 23 de outubro). Ademais haberá 18 horas de prácticas para o manexo de carretas elevadoras e a formación finalizará con 7 días de prácticas en empresas.
As inscricións poden facerse ata o mércores 30 de setembro no rexistro do Concello, para o que será necesaria unha copia da tarxeta de demandante de emprego, unha copia do DNI e o currículo.