A Policía Local sanciona dous establecementos hostaleiros do centro histórico por incumprir o horario de peche
Por Manu Otero
O control policial sobre o cumprimento das restricións decretadas polo Goberno para frear o avance do coronavirus continúa sendo estrito na cidade de Pontevedra. Axentes municipais patrullan o centro histórico cada noite para comprobar que todos os establecementos cumpren coa normativa. Con todo, na noite do venres, os policías constaron que dous establecementos do centro histórico pontevedrés continuaban abertos máis aló da 1 da madrugada, polo que procederon a tramitar a sanción correspondente.
Este trámite, que viola a extraordinaria normativa autonómica anticovid pero non a ordenanza municipal pola que se rexían os negocios locais antes da pandemia, destinarase agora á Xunta, que será o organismo encargado de impoñer a contía da multa.
Os locais de hostalería e restauración deben estar completamente pechados á 1 da madrugada, mentres que en condicións normais o horario de actividade era ata as 3.00 horas.
Doutra banda, desde o Concello informan que a Policía Local coordina estes días o envío diario de traballadores da empresa encargada da recollida de lixo na cidade a dez domicilios de persoas con Covid-19 para sacárllelo lixo e así evitar que teñan que saír á rúa saltándose o confinamento e poñendo en perigo a saúde dos seus veciños.
Por iso, desde o goberno local fan un chamamento á cidadanía que se atope nesta situación para que se poña en contacto co Concello ou a Policía Local, que incluirá ao domicilio en cuestión na listaxe de atención dos axentes municipais para que, sen custo algún, acudan cada día ao fogar para axudar aos afectados nestes labores cotiáns.
Relacionadas:
-
Tres novos establecementos hostaleiros sancionados na zona vella de Pontevedra por incumprir as normas anticovid
Por Manu Otero |
-
Só catro persoas están dadas de alta no servizo de recollida de lixo para doentes de COVID-19
Por Redacción |
-
Pechan un local de Ponte Sampaio onde se celebraba unha festa con 200 persoas
Por Alejandro Espiño |