O control de acceso ás praias e a colaboración coa hostalería, claves do "balance positivo" do verán marinense
Por Redacción
As medidas aplicadas polo Concello de Marín en materia de sanidade nas praias durante a tempada de verán produciron efecto. Así se desprende do balance"positivo" feito público este luns polo goberno local, quen quixo agradecer a "estreita colaboración" dos establecementos da zona de praias para manter o seu servizo ofrecendo garantías de limpeza, desinfencción e distanciamento entre os clientes.
Esta colaboración entre a administración local e o sector hostaleiro quedou patente tamén coa repartición de material de limpeza e kit de primeiros auxilios a estes locais para que os puidesen ter a man en caso de urxencia fose do horario do persoal de socorrismo, que xa deron por terminada a súa tempada de vixilancia nas praias.
No referente ao contro de aforos nas praias, o Concello realizou unha medición topográfica nos catro areais de maior afluencia (Portocelo, Mogor, Aguete e Loira) e desenvolveu un sistema de cálculo en tempo real de usuarios que se traduciu nun sistema de semáforos que informaba sobre a ocupación da praia. Ademais, instaláronse paneis informativos e mesmo megafonía para dar información relacionada coa Covid-19 aos bañistas.
"As praias foron sitios seguros nos que poder pasar os días do verán grazas a todas as medidas tomadas e á colaboración co sector hosteleiro”, sostén a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, quen pon en valor outros atractivos turísticos da vila para diversificar a afluencia de visitantes como o Lago de Castiñeiras, a Finca de Briz, os roteiros de sendeirismo, os miradoiros, o Castro dá Subidá ou os petróglifos de Mogor.
VERTEDURA EN AGUETE
A nota negativa da campaña de praias no verán chega en forma de vertedura de augas fecais. Edís do BNG, coa portavoz Lucía Santos á fronte, visitaron este sábado o peirao e praia de Aguete para comprobar o seu estado despois das riadas provocadas pola tormenta do pasado xoves que conduciron augas contaminadas ata este areal.
"Producíronse como consecuencia do mal funcionamento dás dúas bombas de saneamento que se atopan en Aguete, que por falta de previsión e mal mantemento non funcionaron correctamente o pasado xoves, rebordando polas tapas dos sumidoiros augas fecais que chegaron ao mar contaminando as augas da praia", denuncian os nacionalistas.
Co obxectivo de esixir explicacións e responsabilidades, a agrupación levará o asunto á próxima Comisión Informativa de Medio Ambiente para coñecer tamén que accións levou a cabo o goberno local para limpar unha vertedura que "48 horas desspois dá treboad as augas estaban completamente cheas de residuos", denuncian.
Ao mesmo tempo, xa trasladaron a incidencia ao grupo parlamentario do BNG para que sexa tratada na próxima Comisión e denunciar que a falta de investimentos en saneamento da Consellería de Infraestruturas conduce que se sigan producindo verteduras incontroladas á ría cada vez que se producen tormentas deste tipo.
Relacionadas:
-
Os socorristas de Marín atenderon máis de 1440 incidencias nas praias durante o verán
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez afirma que o novo colector e a estación de bombeo de Marín son de "enorme valor" para a ría
Por Redacción |
-
Os socorristas das praias de Marín atenderon 481 incidencias durante o mes de agosto
Por Redacción |
-
Marín leva destinados 300.000 euros en seguridade e hixiene para as súas praias
Por Redacción |