O PP pide o apoio do Concello de Poio á reivindicación de fibra óptica da veciñanza de Samieira
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular levará unha moción ao Pleno na que pide o apoio do Concello de Poio á reivindicación de fibra óptica da veciñanza de Samieira.
O texto da moción dos populares pide que o Concello de Poio "afronte as súas responsabilidades" para "garantir o acceso de toda a veciñanza ás novas tecnoloxías", traballe conxuntamente con outras administracións para mellorar o acceso a internet e móbil, participe nas convocatorias de axudas das distintas administracións e, especialmente, que respalde a veciños e autónomos ante as empresas de telecomunicacións para extender a fibra óptica e a telefonía móbil de calidade nas zonas que actualmente non teñen.
O portavoz do PP, Ángel Moldes destacou a situación creada pola crise do coronavirus, que "puxo de manifesto a importancia de que todos os veciños teñan acceso a unha boa conexión de internet e de teléfono vivan onde vivan".
O PP quere que o goberno local faga forza ante as empresas para representar a veciñanza e conseguir que as telecomunicacións cheguen, coa máxima calidade, a todos os lugares de Poio que actualmente non desfrutan delas.
"Non dicimos que a falta de cobertura ou de fibra en moitos lugares sexa culpa do Concello, pero si que pode facer moito máis para axudar aos veciños a que eses servizos cheguen ás súas casas e negocios", precisou Moldes.
Relacionadas:
-
Poio pide á Xunta que requira a Telefónica o despregue da fibra óptica
Por Redacción |
-
Poio continúa co proxecto de dotación de fibra óptica a todo o municipio
Por Redacción |
-
Poio insta a Movistar a levar a fibra óptica ás zonas do municipio que carecen deste servizo
Por Redacción |
-
"E a fibra para cando?" reclama a veciñanza de Samieira
Por Oskar Viéitez |