Comisións Obreiras protesta polos contaxios en Príncipe Felipe e a Deputación sae en defensa dos dereitos dos menores
Por Redacción
O sindicato Comisións Obreiras levou a cabo este martes unha cacerolada na Cidade Infantil Príncipe Felipe coa intención de protestar contra as actuacións da Deputación en materia de prevención do avance do coronavirus, nas que, a entender desta agrupación, poñen en risco de contagios aos internos e aos traballadores deste centro.
As mobilizacións leváronse a cabo despois de que un dos menores dera positivo por Covid-19, o que levou á Deputación, organismo que xestiona este centro, a activar o protocolo Covid-19 polo que puxeron en corentena a outros sete internos e a sete traballadores. No primeiro test practicado deron negativo, pero aínda así manteranse en illamento durante as dúas próximas semanas.
Con motivo da protesta do sindicato, desde a Deputación fixeron público un comunicado no que a deputada responsable da xestión de Príncipe Felipe, Noemí Outeda, mostra a "estupefacción do goberno provincial". Critican que a intención de Comisións Obreiras sexa que os internos que necesiten ser confinados sen necesidade de atención hospitalaria "sexan atendidos por enfermeiros e non polos seus coidadores e educadores".
Ademais da atención sanitaria, que cando non é necesaria a hospitalización, préstaa o equipo médico e de enfermería do centro, a deputada considera que os menores deben ter garantidos tamén outros dereitos como "o afecto, a atención humana, o coidado, a alimentación ou a educación. E iso téñeno que facer sen dúbida os coidadores e educadores", resolveu Outeda ante as queixas do sindicato por expoñer aos traballadores a posibles contagios.
Neste sentido, a deputada asegura que os profesionais dispoñen de todas as medidas sanitarias e de protección para minimar o risco de ser contaxiados.
Relacionadas:
-
O PP pide á Deputación que reforce o persoal de Príncipe Felipe e mellore a seguridade no centro ante a Covid-19
Por Redacción |
-
Os educadores do Príncipe Felipe protestan contra o protocolo que lle impón funcións sanitarias
Por Redacción |
-
As PCR practicadas aos traballadores de Príncipe Felipe que estiveron en contacto cun menor infectado dan negativo
Por Redacción |
-
Un menor do Príncipe Felipe permanece en illamento tras dar positivo nas probas de Covid
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Centro Príncipe Felipe, preparado para a volta ás aulas coas esixencias da COVID19
Por Redacción |