Vilagarcía recupera a atención ao público tras dar negativo todas as PCR
Por Redacción
O Concello de Vilagarcía reabre este mércores as súas portas ao público despois de tres días de peche por precaución ao detectar positivos entre o persoal nos test serolóxicos.
A apertura farase con todas as medidas de seguridade posibles para que calquera trámite poida realizarse sen temor a posibles contaxios. Entre outras medidas, hai alfombras desinfectantes, dispensadores de xeles hidroalcohólicos en cada andar, mamparas en cada punto de atención e circuítos con separación persoal e entradas e saídas diferenciadas.
Ademais, como nos días anteriores, e con carácter permanente, os cidadáns teñen a súa disposición a posibilidade de ser atendidos por vía telefónica ou telemática.
A decisión da apertura adoptouse despois de que xa se teñen os resultados das 43 PCRs realizadas ás cinco persoas que deron positivo nas probas serolóxicas e ás persoas que estiveron en contacto con elas e todos foran negativas.
Tamén o alcalde, Alberto Varela, unha das cinco persoas que deran positivo nos tests serolóxicos, ten unha segunda proba PCR que confirma que non está contaxiado.
O peche temporal produciuse porque algúns traballadores deron positivo nas probas serolóxicas. Sen embargo, as primeiras 38 PCRs realizadas, incluídos aos membros do goberno municipal, deron negativo. Este luns realizaron novas PCRs aos traballadores que restaban, incluída unha segunda proba ao alcalde.
Relacionadas:
-
Vilagarcía apraza o pleno á espera de coñecer os novos PCR
Por Redacción |
-
Sen positivos na primeira rolda de probas PCR ao goberno local e traballadores municipais de Vilagarcía
Por Redacción |
-
O alcalde de Vilagarcía volverá realizarse unha PCR para descartar un falso positivo por coronavirus
Por Redacción |