A Pontevedrada renuncia definitivamente a celebrar a súa edición de 2020 polos rebrotes de COVID
Por Diego Espiño
O empeoramento da situación sanitaria na comarca de Pontevedra en particular e en Galicia en xeral acabou coas esperanzas de poder celebrar este ano 2020 a Pontevedrada.
A popular mracha solidaria polo Camiño de Santiago entre Pontevedra e Compostela foi aprazada inicialmente no mes de marzo por recomendación das autoridades ao tratarse dun evento ao que adoita acudir un importante número de persoas.
Naquel momento recolocouse a xornada para o 10 de outubro coa esperanza de poder levala a cabo, tendo en conta que se trata dunha acción solidaria que pretende concienciar á cidadanía acerca da importancia das doazóns, xa sexan de sangue, órganos ou tecidos.
Con todo a Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) comunicou finalmente que renuncia á súa celebración ata o ano 2021.
"Nestes momentos volvemos atopar nunha situación delicada debido aos rebrotes do COVID-19", sinalan desde ASAMPO considerando que "o máis sensato a nivel social e moral nestes momentos é suspender a Pontevedrada 2020".
Relacionadas:
-
Recoñecemento de ASAMPO a Protección Civil de Caldas na campaña 'Quere a quen te quere e dillo'
Por Redacción |
-
"Deixa os teus órganos ao final do camiño para que outras persoas poidan terminar o seu"
Por Oskar Viéitez |
-
No 2021 tampouco haberá Pontevedrada
Por Alejandro Espiño & Oskar Viéitez |
-
Reprogramada a Pontevedrada para o vindeiro 10 de outubro
Por Redacción |
-
A Pontevedrada, aprazada sen data por precaución ante o coronavirus
Por Redacción |
-
Unha 'marea vermella' de solidariedade une Pontevedra e Santiago pola doazón de órganos
Por Redacción & Mónica Patxot |