Rafa Domínguez, sobre o peche de Raíña Vitoria: "Se pone la pandemia como excusa de una decisión política"
Por Natalia Puga
A decisión "unilateral" do Concello de Pontevedra de cortar ao tráfico con "carácter permanente e indefinido" a avenida Raíña Vitoria para dar servizo ao IES Sánchez Cantón é, para o Partido Popular, "injusta" e "ilógica" e "no va a suponer un avance para Pontevedra, sino todo lo contrario, va a suponer un importante retroceso".
Así de contundente mostrouse este mércores o portavoz do PP pontevedrés, Rafa Domínguez, que compareceu ante os medios para criticar a decisión municipal e, sobre todo, que "se pone la pandemia como excusa de una decisión política".
Domínguez critica que, por unha banda, "no se ha consensuado" nin con asociacións nin con veciños, hostaleiros, comerciantes ou partidos políticos, de modo que foi "unilateral" e allea á opinión maioritaria da cidadanía e, por outro, deuse unha "desculpa absolutamente ridícula".
O portavoz do PP atribúe a decisión ao alcalde e o concelleiro de mobilidade, Miguel Anxo Fernández Lores e César Mosquera, e fala de "imposición". Reprocha a forma na que se adoptou, sen preguntar a ninguén nin estudar outras alternativas.
Rafa Domínguez asegura que "vai xerar problemas de tráfico e de aparcamento" e móstrase convencido de que existe un "rechazo maioritario" da cidadanía pontevedresa á medida. "No conozco a una sola persona en Pontevedra que defienda esa posición", sinala e engade que desde que é presidente do PP non tivera tantas chamadas ou visitas á sede do partido de persoas que se opoñen a unha medida municipal e que hai votantes do BNG e do PSOE que tamén son contrarios á súa aplicación.
O líder do PP non achega propostas alternativas de como solucionar a situación á que apunta o Concello para tomar a decisión, a necesidade de facilitar medidas de control da expansión da Covid-19 durante o tempo de recreo do instituto, pero si lembra ao Goberno local que, se o problema son as aglomeracións que poden xerarse nos recreos, poden buscarse solucións menos drásticas.
"Si el motivo es la aglomeración, propondría que sí se pueda cortar media hora", indica Domínguez, que engade que se trataría de realizar cortes puntuais de tráfico de media hora a diario coincidindo co momento do recreo para que, durante ese tempo, a rúa fose peonil. Desta forma, solucionaríase o problema, que é puntual, cunha medida máis adecuada e non se cortaría toda a semana unha rúa na que a demanda de espazo limítase a dúas horas e media á semana, media cada día.
O PP considera que outra opción podería ser que a Policía Local xestionase o tráfico doutra forma, pero nunca o peche total da rúa, pois "no tiene lógica" pechar a rúa tamén as fins de semana, en vacacións ou en horas nas que o alumnado do centro está en clase.
Respecto diso, o líder do PP lembra que hai meses o seu partido solicitou no Pleno da Corporación que se realizase un estudo serio sobre o tráfico de Pontevedra para ter datos técnicos sobre a mobilidade na cidade e que Lores votou en contra.
Domínguez cre que con esta medida o Goberno local pretende poñer unha "cortina de humo" e desviar a atención dos pontevedreses sobre o feito de que en sete meses de pandemia non tomou ningunha medida importante.
Relacionadas:
-
O PP pide a reapertura de Raíña Vitoria tras o fin do estado de alarma e ante o fin do curso escolar
Por Natalia Puga |
-
Fronte común do PP de Pontevedra e Poio contra o peche da rúa Reina Vitoria
Por Redacción |
-
Rafa Dominguez pide volver abrir Raíña Vitoria "mentres non se demostre que o corte é viable e factible"
Por Almu Dapena |
-
A rúa Alfonso XIII pechará ao tráfico para converterse no patio do colexio Froebel durante o horario de recreo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A asociación de técnicos sanitarios cualifica de "temeridade" a instalación de bolardos fixos en Raíña Vitoria
Por Diego Espiño |
-
Un bando regula o peche da rúa Raíña Vitoria
Por Redacción |
-
O peche de Raíña Vitoria ao tráfico será efectivo a partires deste xoves
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Raíña Vitoria cortarase ao tráfico con "carácter permanente" para favorecer a entrada, saída e recreos do Sánchez Cantón
Por Diego Espiño |