A auga do río Gafos semella chocolate por culpa dos arrastres de terra
Por Oskar Viéitez
As fortes trombas de auga que caeron este martes pola tarde deixaron notar os seus efectos no leito do río dos Gafos.
Este mércores o río baixa desde a parroquia de Tomeza completamente tinguido de cor marrón e desemboca no Lérez con esa tonalidade achocolatada.
Non é a primeira vez que isto ocorre. Nin o Seprona nin a Policía Local detectaron nada anormal máis aló da escorrentía propia dos forte chuvieiros das últimas horas.
Desde a asociación Vaipolorío relacionan estes arrastres de terra coas obras de construción da autovía A-57.
Relacionadas:
-
Vaipolorío denuncia que unha nova vertedura de terra no Gafos tinguiu a súa desembocadura na ría
Por Redacción |
-
Vaipolorío pide voluntarios para limpar de árbores caídas o río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío atopa unha antiga moa dos muíños do Gafos
Por Redacción |
-
O Concello convocará un concurso internacional de ideas para "liberar" o tramo soterrado do río dos Gafos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Vaipolorío busca voluntarios para erradicar os "plumachos" do río Gafos
Por Redacción |
-
Eliminan unha vertedura de augas residuais ao río Gafos en Salcedo
Por Redacción |