Un bando regula o peche da rúa Raíña Vitoria
Por Redacción
O Concello de Pontevedra ten todo disposto para o peche da rúa Raíña Vitoria, entre o estacionamento de Montero Ríos e a rúa Palamios. Nas xornadas previas a este xoves fixéronse os traballos para a colocación dos morróns a partir das 08.00 horas e que a rúa quede pechada a partir das 08.30 horas.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, vén de asinar un bando no que acorda o peche ao tránsito rodado desta rúa e a reordenación de estacionamento de Palamios e da contorna do centro de ensino.
Miguel Anxo Fernández Lores lembra que o peche de Raíña Vitoria obedece a ofrecer oportunidade ao centro de ensino a cumprir coas medidas de prevención Covid nas entradas e saídas do centro e tamén nos descansos, ampliando os espazos públicos destinados aos escolares no exterior.
Lores asegura no bando que "atopámonos con máis de 1.000 persoas que teñen que entrar e saír do centro de ensino á mesma hora e que dispoñen, para iso, dun espazo tan angosto e reducido, que lles impide cumprir co deber de cautela e protección que se recolle na normativa vixente. Esta configuración do espazo público dificulta, até impedilo, o mantemento da distancia interpersoal de seguridade".
Relacionadas:
-
A xustiza avala o peche de Raíña Vitoria, que o Concello estuda facer definitivo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Comerciantes, empresarios e oposición fan piña para reabrir Raíña Vitoria ao tráfico
Por Manu Otero |
-
Comerciantes de Raíña Vitoria trasladan ao Concello o seu rexeitamento ao corte ao tráfico da rúa
Por Redacción |
-
Fronte común do PP de Pontevedra e Poio contra o peche da rúa Reina Vitoria
Por Redacción |
-
A asociación de técnicos sanitarios cualifica de "temeridade" a instalación de bolardos fixos en Raíña Vitoria
Por Diego Espiño |
-
Rafa Domínguez, sobre o peche de Raíña Vitoria: "Se pone la pandemia como excusa de una decisión política"
Por Natalia Puga |
-
O peche de Raíña Vitoria ao tráfico será efectivo a partires deste xoves
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Raíña Vitoria cortarase ao tráfico con "carácter permanente" para favorecer a entrada, saída e recreos do Sánchez Cantón
Por Diego Espiño |