A FANPA anuncia a "imposibilidade" de que os comedores escolares e o Plan Madruga comecen o 1 de outubro
Por Oskar Viéitez
A Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA) ven de comunicar a "imposibilidade" de que o Plan Madruga e servizo de comedor escolar comecen o vindeiro día 1 de outubro nos centros dos concellos de Pontevedra e Marín con ditos servizos xestionados por esta federación.
Tras reiterar a súa vontade de seguir organizando estes servizos para este curso recén comezado a Fanpa lembra que esta decisión estaba condicionada a que existise un "compromiso público" da Consellería para compensar ás familias dos incrementos de custe dos servizos polas medidas relativas de adaptación ao contexto da covid 19 e ademáis esixían a aprobación por parte da Xunta dun protocolo específico que recollese as necesidades de ambos servizos.
En canto ao primeiro punto, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez comprometeuse a incrementar "de xeito significativo" os importes da subvención ós comedores organizados polas ANPA para o presente curso.
Este mércores publicouse un protocolo para comedores que, segundo a Fanpa, "non reúne os contidos mínimos que consideramos necesarios para desenvolver os servizos", sendo os principais motivos que non se inclúe o servizo de madruga, non delimita a responsabilidade das ANPA organizadoras dos servizos, a recollida e entrega de alumnos dos servizos é valorada como "pouco flexible" e inclúese a obriga de entregar un plano de situación dos usuarios e manterlles postos fixos, sen ter en conta que os usuarios non son os mesmos todos os días ni durante todo o curso.
A FANPA xa enviou aportacións a este documento, que se lles presentou como borrador a semana pasada, e houbo varias conversas e reunións coa Consellería para avanzar nos cambios que se consideran necesarios, pero de momento o único protocolo aprobado é o mencionado anteriormente "que non reúne os contidos mínimos requiridos", para as familias.
A posta en marcha dos servizos, necesita un prazo de entre sete e dez días para a xestión de usuarios, loxística, persoal, instalacións, e demáis.
A petición da Xunta, este xoves a Fanpa enviou un protocolo específico para os madruga e comedores da FANPA. "Se a Xunta o valida esta semana, os servizos poderían comezar o luns 5 de outubro. En caso contrario tería que pospoñerse a data de comezo proposta. A data confirmarase no momento en que teñamos dita validación".
Relacionadas:
-
Incógnita resolta: os servizos de comedor e Plan Madruga de Pontevedra e Poio comezan o 5 de outubro
Por Redacción |
-
Educación incrementará as axudas ás ANPAS que xestionan comedores escolares
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Haberá comedores escolares se a Xunta ratifica o seu compromiso de incrementar o seu apoio
Por Alejandro Espiño |
-
A FANPA avisa que o tempo para negociar "estase esgotando" e mantén a suspensión dos comedores escolares
Por Diego Espiño |
-
Rogelio Carballo, presidente da Fanpa Pontevedra, aclara que a apertura de matrículas dos comedores escolares só é estimativa
Por Anxo Lourido |