Ponte Caldelas volve conxelar os impostos e taxas municipais para 2021
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas conxelará durante o ano 2021 todas as taxas e impostos municipais para axudar á recuperación da economía dos veciños de Ponte Caldelas.
Manteranse as tarifas en ata sete tributos: Imposto sobre Bens Inmobles (IBI); o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE); o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO): e a taxa nos recibos do lixo, da auga e do saneamento.
O alcalde, Andrés Diaz, indica que no ano 2021 os concellos terán unha redución de ingresos por parte dos tributos do Estado, pero "non podemos facer pagar ós veciños esa redución". "En Ponte Caldelas teremos que axustar o gasto a nivel municipal, facer un esforzo importante, pero non imos tocar o peto dos cidadáns”, engadiu.
O Concello lembra que os impostos e taxas levan sen subir en Ponte Caldelas dende 2016, a raíz da chegada de Andrés Díaz á Alcaldía de Ponte Caldelas en 2015. Dende entón tamén se eliminaron as taxas por uso do pavillón municipal de Chan da Barcia, as das visitas á Área Arqueolóxica de Tourón; reduciuse o custo da auga ao pasar de 10 a 18 metros cúbicos ó mes por vivenda; eliminouse a viñeta para os vehículos de máis de 25 anos e, nos últimos meses, tamén se eliminaron outras sete taxas de certificados e outros documentos administrativos.
Ademais, adianta que, continuando nesta liña de austeridade, o orzamento previsto para 2021, que se prevé aprobar antes de final de ano, será "prudente" e manterase nos 3,8 millóns de euros
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas anuncia que este será o ano con máis investimentos da súa historia
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas pide un novo contrato para o servizo de recollida de lixo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas destina 70.000 euros aos seus clubs e á organización de eventos deportivos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas devolverá as taxas de 2020 aos vendedores ambulantes da feira
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas eliminará o pago de ata sete taxas municipais
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas presenta un orzamento de máis de 3,5 millóns e reducindo a débeda
Por Redacción |